Mostrando las entradas con la etiqueta BIBLIOTECA ABRENTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta BIBLIOTECA ABRENTE. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de marzo de 2023

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

 O xoves pasado veu Andrea Maceiras , autora do libro O que sei do silencio,  a falar con nós sobre o mesmo e a compartir algunhas historias. 

Contounos un conto e mantivemos na biblio unha conversa moi agradable con ela. 

Grazas, Andrea. 


DÍA DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro foi o día de Rosalía. Estivemos homenaxeando a nosa autora de diferentes xeitos: fixemos murais, recitamos e tocamos a "Alborada" e investigamos sobre a súa vida.



miércoles, 25 de enero de 2023

TRABALLAMOS CO XORNAL! 

Hoxe, os alumnos e alumnas de 2º de ESO estiveron traballando cos xornais de "La Voz de Galicia".Escolleron algunha noticia que lles chamou a atención e fixeron algunhas reflexións sobre as noticias escollidas. 
Aquí vos deixamos o documento gráfico que o demostra:




domingo, 18 de diciembre de 2022

CRÍTICA XORNALÍSTICA "PASÓ DE NUEVO" (Caramuxo Studio)

 Os alumnos e alumnas de 2º de ESO están traballando na aula a violencia de xénero. 

Aproveitando  tamén que estamos a estudar os textos periodísticos tanto en galego coma en castelán e que chegou aos nosos ollos un marabilloso vídeo de "Caramuxo Studio" relacionado con isto, decimos xuntalo todo e facer algunhas críticas xornalísticas. 

A continuación, déixovos o vídeo que vimos na clase e a crítica sobre o mesmo realizada por Santiago Donsión de 2º de ESO na que explica o que él entende sobre o vídeo.



"Pasó de nuevo es un cortometraje dirigido y escrito por Antía García. En él podemos ver a varias mujeres interpretando lo que la narradora cuenta; el corto trata el tema del acoso callejero, y lo que interpreta cada mujer son experiencias de la narradora con este, contadas cronológicamente. La protagonista explora los sucesos que le han ocurrido desde los diez años, hasta la actualidad con veinte. 

Pasó de nuevo, además de ser "sobre" es también "contra" el acoso callejero. 

En mi opinión, trata muy bien el tema, enseñando la incomodidad de la protagonista sabiendo al principio que eso no es culpa suya pero, poniéndolo en duda después de ciertas experiencias relacionadas con lo que le dice la gente; es consciente de que esa sensación no está bien y no quiere que te sientas igual. 

A pesar de su bajo presupuesto, está muy bien hecho y deja un importante mensaje contra el acoso callejero y el patriarcado."

Santiago Donsión, 2º de ESO.


lunes, 31 de mayo de 2021

RETO LECTOR: RECOMENDACIÓNS XUÑO

 Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida no mes de xuño, libros temáticos!

Desexamos que desfrutedes desta nova aventura!






lunes, 17 de mayo de 2021

CLUB DE LECTURA FÁCIL

Cando o club de lectura vai ben o alumnado xa é o encargado de escoller o próximo libro, polo que o seguinte foi o Principiño! Un libro cheo de ilustracións preciosas que tratamos de debuxar e ademais contamos coa enciclopedia do Principiño. 





jueves, 13 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas - Nova Radio Abrente

O Equipo de Dinamización Lingüística do Centro, comunicámosvos que mañá venres 14 de maio ás 12:30h. imos pór en marcha o proxecto ilusionante da NOVA RADIO ABRENTE. 

Este primeiro programa xirará ao redor da figura da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano: Xela Arias. 
Por el pasarán alumnos e alumnas de todas as etapas educativas do Colexio coa intención de entreter, informar, dar a coñecer as nosas escritoras e escritores, os nosos costumes e, en definitiva, divulgar a nosa cultura.
Esta nova etapa ten como novidade que se poderá seguir en directo tanto o audio como a retrasmisión das súas imaxes a través do enlace http://colexioabrente.com/radioabrente

Esperamos que sexa do voso agrado e o desfrutedes.

miércoles, 12 de mayo de 2021

martes, 11 de mayo de 2021

Selfie-Bookcover

 Aquí vos deixamos unhas fotos do reto Selfie-Bookcover que propuxemos en redes sociais para recordar a compañía que nos fixemos durante o confinamento do ano pasado. 

 





Ademáis houbo premios, aquí tedes as fotos dalgúns dos compañeiros cos seus premios. 


jueves, 6 de mayo de 2021

RADIO ABRENTE: Programa TEA co club de lectura

Hoxe deixamos o programa de radio que elaboramos dende o club de lectura con motivo da lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite, en colaboración coa radio do centro. Neste programa coñeceremos máis en profundidade o Autismo. 

Escoitanos en Radio Abrente! 

 

lunes, 3 de mayo de 2021

RETO LECTOR: RECOMENDACIÓNS MAIO

  Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida no mes de maio, lingua estranxeira!

Desexamos que desfrutedes desta nova aventura!




martes, 27 de abril de 2021

Gañadores do concurso do día do libro

 Feliz día do libro!

Os alumnos de primaria e secundaria mostraron toda a súa creatividade coas actividades propostas para conmemorar o día do libro. 

Noraboa a todos os participantes e, en especial, aos gañadores! Aquí os tedes!

Irene, Manuel e Silvia, 1º EP


Carmen, 2º EP

Noel, 3º EP

Aroa, 4º EP

Adrián, 5º EP

Pablo, 3º ESO

Antía, 4º ESO