Mostrando las entradas con la etiqueta radio abrente. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta radio abrente. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas - Nova Radio Abrente

O Equipo de Dinamización Lingüística do Centro, comunicámosvos que mañá venres 14 de maio ás 12:30h. imos pór en marcha o proxecto ilusionante da NOVA RADIO ABRENTE. 

Este primeiro programa xirará ao redor da figura da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano: Xela Arias. 
Por el pasarán alumnos e alumnas de todas as etapas educativas do Colexio coa intención de entreter, informar, dar a coñecer as nosas escritoras e escritores, os nosos costumes e, en definitiva, divulgar a nosa cultura.
Esta nova etapa ten como novidade que se poderá seguir en directo tanto o audio como a retrasmisión das súas imaxes a través do enlace http://colexioabrente.com/radioabrente

Esperamos que sexa do voso agrado e o desfrutedes.

jueves, 6 de mayo de 2021

RADIO ABRENTE: Programa TEA co club de lectura

Hoxe deixamos o programa de radio que elaboramos dende o club de lectura con motivo da lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite, en colaboración coa radio do centro. Neste programa coñeceremos máis en profundidade o Autismo. 

Escoitanos en Radio Abrente! 

 

miércoles, 14 de abril de 2021

Club lectura, TEA e Radio

Aproveitando a lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite no noso club e a proximidade da celebración do Día Mundial do Autismo, un grupo de alumnos de 3º ESO prepararon e grabaron un programa de radio para informar e concienciar á comunidade educativa. 

Os rapaces presentaron o trastorno, as principais características e os axentes involucrados na axuda para unha mellor adaptación. Falaron do libro, escrito dende a perspectiva dun neno diagnosticado con TEA e puxeron máis exemplos que podemos atopar en soporte audiovisual. Aprenderon moitísimo facendo o traballo de investigación e compartiron o seu coñecemento con todos a través dun programa en Radio Abrente. 






jueves, 13 de febrero de 2020

13 DE FEBREIRO DÍA DA RADIO

Durante toda a semana os reporteiros de Radio Abrente estiveron a facer o programa de radio no tempo de recreo. Pois deste xeito conmemoramos o Día Mundial da Radio, proclamado pola UNESCO no ano 2011. 
Pasadevos polo Blog de Reforzo Abrente para escoitar o programa!







jueves, 19 de diciembre de 2019

RADIO ABRENTE

Seguimos co programa de Radio Abrente, que fai a nosa rapazada voluntaria da ESO. Está a quedar un programa do máis interesante, non vos perdades o podcas no Blog de Reforzo Abrente!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

RADIO ABRENTE

Neste trimestre unhas das encargadas de facer o programa de Radio Abrente son as nosas rapazas de 3º de Educación Primaria, desfrutaron moito contando un conto. Teremos o podcats moi pronto, estade moi atentos. 
Ben feito rapazas!