O xoves pasado veu Andrea Maceiras , autora do libro O que sei do silencio, a falar con nós sobre o mesmo e a compartir algunhas historias.
Contounos un conto e mantivemos na biblio unha conversa moi agradable con ela.
Grazas, Andrea.
O xoves pasado veu Andrea Maceiras , autora do libro O que sei do silencio, a falar con nós sobre o mesmo e a compartir algunhas historias.
Contounos un conto e mantivemos na biblio unha conversa moi agradable con ela.
Grazas, Andrea.
Para celebrar o día das letras galegas, os rapaces traballaron contidos e fixeron actividades en torno a figura de Xela Arias.
Aquí vos deixamos unhas fotos do reto Selfie-Bookcover que propuxemos en redes sociais para recordar a compañía que nos fixemos durante o confinamento do ano pasado.
Ademáis houbo premios, aquí tedes as fotos dalgúns dos compañeiros cos seus premios.
Hoxe deixamos o programa de radio que elaboramos dende o club de lectura con motivo da lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite, en colaboración coa radio do centro. Neste programa coñeceremos máis en profundidade o Autismo.
Para celebrar o Día Internacional do Libro os alumnos de Educación Infantil e Secundaria vestiron de cores e historias os corredores do noso centro. Grazas rapaces!


Aproveitando a lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite no noso club e a proximidade da celebración do Día Mundial do Autismo, un grupo de alumnos de 3º ESO prepararon e grabaron un programa de radio para informar e concienciar á comunidade educativa.
Os rapaces presentaron o trastorno, as principais características e os axentes involucrados na axuda para unha mellor adaptación. Falaron do libro, escrito dende a perspectiva dun neno diagnosticado con TEA e puxeron máis exemplos que podemos atopar en soporte audiovisual. Aprenderon moitísimo facendo o traballo de investigación e compartiron o seu coñecemento con todos a través dun programa en Radio Abrente.
O club de lectura da ESO segue o seu curso. O pasado mércores tivemos unha cita para a posta en común do último libro que limos, O Curioso Incidente do Can á Media Noite de Mark Haddon.
Estade atentos porque estamos a argallar unha sorpresa a través do libro que limos.
Hoxe xuntámonos os membros do club de lectura e, en honor do último libro que limos, fixemos un escape room ou breakout para averiguar a nosa próxima lectura.
Aquí tedes unhas fotos da experiencia.