En colaboración co departamento de educación plástica, decidimos anotarnos a este concurso organizado pola editorial Combel. Animámosvos a mostrar as vosas dotes artísticas.
Hai moitos premios en xogo para o colexio gañador! Moita sorte!

Unha vez máis preparamos un concurso desde a Biblioteca Abrentalient! Nesta ocasión co alumnado de Educación Primaria, que crearán tarxetas para o Día dos Namorados. Poderán empregar o material e a forma que desexen sempre respectando o tamaño a6.
As dúas mellores tarxetas terán PREMIO!!
Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida para o mes de febreiro, a fantasía!
Os rapaces fixeron uns debuxos e relatos arrepiantes!
O concurso de Samaín foi todo un éxito, participaron moitos nenos e nenas e fixeron uns debuxos e contos moi orixinais e terroríficos. Despois de deileitarnos coas súas creacións, hoxe demos os premios aos gañadores de cada unha das catro categorías.
EI e 1ºEP: Leo Padín (5 anos)
2º e 3º EP: Álvaro Moldes (2º EP)
4º, 5º e 6º EP: Carlota González (5º EP)
ESO: Bianca Basdediós (4º ESO)
Aquí vos deixamos unha foto dos gañadores e as súas creacións.