Mostrando las entradas con la etiqueta historias. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta historias. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de octubre de 2020

Gañadores concurso Samaín

 Os rapaces fixeron uns debuxos e relatos arrepiantes! 

O concurso de Samaín foi todo un éxito, participaron moitos nenos e nenas e fixeron uns debuxos e contos moi orixinais e terroríficos. Despois de deileitarnos coas súas creacións, hoxe demos os premios aos gañadores de cada unha das catro categorías.

EI e 1ºEP: Leo Padín (5 anos)

2º e 3º EP: Álvaro Moldes (2º EP)

4º, 5º e 6º EP: Carlota González (5º EP)

ESO: Bianca Basdediós (4º ESO)

Aquí vos deixamos unha foto dos gañadores e as súas creacións.









miércoles, 21 de octubre de 2020

Concurso Samaín

 Dende a biblioteca, queremos celebrar o Samaín e para isto propoñemos un concurso para todo o alumnado do centro. Déixovos aquí as bases do concurso.

Queremos ver creacións espeluznantes!


From the library, we want to celebrate Halloween and for that we want all the students of the school to participate. I leave here the rules of the contest.

We want to see spooky creations!



miércoles, 13 de mayo de 2020

myON




Queríamos compartir con vós a plataforma de lectura de libros dixitais myON á cal teremos acceso gratuito ata finales de xuño 2020.

Que podemos atopar?
  • Miles de exemplares para alumnos desde Infantil ata Bacharalato.
  • Libros e audiolibros en inglés, en español e bilingües. 
  • Artículos de noticias dentro de myON News. 

Poderase ter acceso dende calquer dispositivo electrónico que esté conectado a Internet. Os libros tamén poden ser descargados a través da aplicación, dispoñible para tabletas e ordenadores. Para rexistrarse só tes que ir a esta páxina web http://www.richmondelt.com/richmondreads/, indicaranche un usuario e contrasinal para iniciar sesión.

Poderás iniciar sesión dende esta ligazón: https://www.myon.com/school/spainreads

lunes, 20 de abril de 2020

WATTPAD

Coñecedes Wattpad? Isto pode interesarvos, e quizais moito máis durante o confinamento. 
Wattpad é unha plataforma para compartir textos con outros usuarios, calquer tipo de texto: antigos, poemas, relatos etc. e ademais podes votar aos teus favoritos. 
O éxito de Wattpad chegou cando a novela de Anna Todd (After) e publicada en Wattpad foi coñecida por unha importante editorial alcanzando repercusión mundial. En España sucedeu o mesmo coa novísima Lady Reynolds (17 anos) e a súa novela "El chico de la ventana del baño" 
Animádevos e adentrarvos neste novo mundo.