O xoves pasado veu Andrea Maceiras , autora do libro O que sei do silencio, a falar con nós sobre o mesmo e a compartir algunhas historias.
Contounos un conto e mantivemos na biblio unha conversa moi agradable con ela.
Grazas, Andrea.
O xoves pasado veu Andrea Maceiras , autora do libro O que sei do silencio, a falar con nós sobre o mesmo e a compartir algunhas historias.
Contounos un conto e mantivemos na biblio unha conversa moi agradable con ela.
Grazas, Andrea.
Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida no mes de xuño, libros temáticos!
Para celebrar o día das letras galegas, os rapaces traballaron contidos e fixeron actividades en torno a figura de Xela Arias.
No club de lectura xa temos posto en marcha un novo proxecto en torno ao libro que limos.
Estade atentos!
Aquí vos deixamos unhas fotos do reto Selfie-Bookcover que propuxemos en redes sociais para recordar a compañía que nos fixemos durante o confinamento do ano pasado.
Ademáis houbo premios, aquí tedes as fotos dalgúns dos compañeiros cos seus premios.
Hoxe deixamos o programa de radio que elaboramos dende o club de lectura con motivo da lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite, en colaboración coa radio do centro. Neste programa coñeceremos máis en profundidade o Autismo.
Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida no mes de maio, lingua estranxeira!
Como ben sabedes fai un ano os nosos cativos podían saír as rúas para enchelas de sorrisos e alegría... Na biblioteca non esquecemos todos os retos que pasamos xuntos durante o confinamento no 2020 polo que queremos facer un reto máis en colaboración coas familias. Para isto, colgamos en redes sociais o seguinte reto que se trata dunha fotografía cunha portada dun libro.
Contaremos con 3 premios! Tedes ata o 3 de maio para participar!
Para celebrar o Día Internacional do Libro os alumnos de Educación Infantil e Secundaria vestiron de cores e historias os corredores do noso centro. Grazas rapaces!


Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida no mes de abril, libro informativo!
O club de lectura da ESO segue o seu curso. O pasado mércores tivemos unha cita para a posta en común do último libro que limos, O Curioso Incidente do Can á Media Noite de Mark Haddon.
Estade atentos porque estamos a argallar unha sorpresa a través do libro que limos.