Mostrando las entradas con la etiqueta eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta eso. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de enero de 2023

TRABALLAMOS CO XORNAL! 

Hoxe, os alumnos e alumnas de 2º de ESO estiveron traballando cos xornais de "La Voz de Galicia".Escolleron algunha noticia que lles chamou a atención e fixeron algunhas reflexións sobre as noticias escollidas. 
Aquí vos deixamos o documento gráfico que o demostra:




miércoles, 12 de mayo de 2021

viernes, 23 de abril de 2021

Día Internacional do Libro no Colexio Abrente

Para celebrar o Día Internacional do Libro os alumnos de Educación Infantil e Secundaria vestiron de cores e historias os corredores do noso centro. Grazas rapaces!


Os alumnos e alumnas da ESO participaron no Día Internacional do Libro realizando diferentes actividades a través do Departamento de Linguas Oficiais e da biblioteca do centro. Unha destas actividades foi a elaboración de lombos de libros coñecidos ou daqueles que máis lles gustaron, desde clásicos a novelas xuvenís. 





Tamén os alumnos de Educación Infantil fixeron un bonito debuxo do seu conto favorito. Quedaron moi chulos, porque non hai nada que nos guste máis que unha boa historia, contada, lida ou inventada. 





domingo, 31 de enero de 2021

RETO LECTOR: RECOMENDACIÓNS FEBREIRO

 Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida para o mes de febreiro, a fantasía!

Desexamos que desfrutedes desta nova aventura!





lunes, 11 de enero de 2021

RETO LECTOR: RECOMENDACIÓNS DE XANEIRO

Como sabedes temos en marcha un novo reto na biblioteca! Deixamos por aquí as recomendacións coa temática establecida, neste mes: cómic.
Desexamos que desfrutedes desta nova aventura!

viernes, 30 de octubre de 2020

Gañadores concurso Samaín

 Os rapaces fixeron uns debuxos e relatos arrepiantes! 

O concurso de Samaín foi todo un éxito, participaron moitos nenos e nenas e fixeron uns debuxos e contos moi orixinais e terroríficos. Despois de deileitarnos coas súas creacións, hoxe demos os premios aos gañadores de cada unha das catro categorías.

EI e 1ºEP: Leo Padín (5 anos)

2º e 3º EP: Álvaro Moldes (2º EP)

4º, 5º e 6º EP: Carlota González (5º EP)

ESO: Bianca Basdediós (4º ESO)

Aquí vos deixamos unha foto dos gañadores e as súas creacións.









miércoles, 21 de octubre de 2020

Aquí tedes á gañadora do concurso de cómic!

 

Claudia Rosal (1º ESO) é a gañadora do concurso de cómic! 
Aquí a tedes hoxe recibindo un detalliño e mostrando con orgullo o seu cómic.


Deixámovos tamén os divertidísimos cómics que fixeron os compañeiros. 
Fixádevos na calidade dos seus deseños e a creatividade das súas historias! 

miércoles, 23 de septiembre de 2020

CREA O TEU CÓMIC

XA ESTAMOS DE VOLTA! CARGADOS DE NOVOS CONCURSOS, ACTIVIDADES E RETOS! 

COMEZAMOS POLA CREACIÓN DUN CÓMIC, NO QUE O PROTAGONISTA DEBE SER A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA E TERÁ QUE MOSTRARNOS TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE QUE TEMOS NO CENTRO! 

ANIMÁDEVOS! TEREMOS PREMIO!