Mostrando las entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de abril de 2021

Gañadores do concurso do día do libro

 Feliz día do libro!

Os alumnos de primaria e secundaria mostraron toda a súa creatividade coas actividades propostas para conmemorar o día do libro. 

Noraboa a todos os participantes e, en especial, aos gañadores! Aquí os tedes!

Irene, Manuel e Silvia, 1º EP


Carmen, 2º EP

Noel, 3º EP

Aroa, 4º EP

Adrián, 5º EP

Pablo, 3º ESO

Antía, 4º ESO

viernes, 23 de abril de 2021

Día Internacional do Libro no Colexio Abrente

Para celebrar o Día Internacional do Libro os alumnos de Educación Infantil e Secundaria vestiron de cores e historias os corredores do noso centro. Grazas rapaces!


Os alumnos e alumnas da ESO participaron no Día Internacional do Libro realizando diferentes actividades a través do Departamento de Linguas Oficiais e da biblioteca do centro. Unha destas actividades foi a elaboración de lombos de libros coñecidos ou daqueles que máis lles gustaron, desde clásicos a novelas xuvenís. 





Tamén os alumnos de Educación Infantil fixeron un bonito debuxo do seu conto favorito. Quedaron moi chulos, porque non hai nada que nos guste máis que unha boa historia, contada, lida ou inventada. 





lunes, 12 de abril de 2021

Concurso exlibris

En colaboración co departamento de educación plástica, decidimos anotarnos a este concurso organizado pola editorial Combel. Animámosvos a mostrar as vosas dotes artísticas. 

Hai moitos premios en xogo para o colexio gañador! Moita sorte!


Concursos do día do libro

Queremos presentarvos os concursos para conmemorar o día do libro. Hai dende a creación de marcadores ata a escritura creativa. Fíxadevos no voso curso para escoller o concurso no que podedes participar. 

Animádevos a participar! Deixade voar a vosa imaxinación!


 

viernes, 30 de octubre de 2020

Gañadores concurso Samaín

 Os rapaces fixeron uns debuxos e relatos arrepiantes! 

O concurso de Samaín foi todo un éxito, participaron moitos nenos e nenas e fixeron uns debuxos e contos moi orixinais e terroríficos. Despois de deileitarnos coas súas creacións, hoxe demos os premios aos gañadores de cada unha das catro categorías.

EI e 1ºEP: Leo Padín (5 anos)

2º e 3º EP: Álvaro Moldes (2º EP)

4º, 5º e 6º EP: Carlota González (5º EP)

ESO: Bianca Basdediós (4º ESO)

Aquí vos deixamos unha foto dos gañadores e as súas creacións.









miércoles, 21 de octubre de 2020

Concurso Samaín

 Dende a biblioteca, queremos celebrar o Samaín e para isto propoñemos un concurso para todo o alumnado do centro. Déixovos aquí as bases do concurso.

Queremos ver creacións espeluznantes!


From the library, we want to celebrate Halloween and for that we want all the students of the school to participate. I leave here the rules of the contest.

We want to see spooky creations!



Aquí tedes á gañadora do concurso de cómic!

 

Claudia Rosal (1º ESO) é a gañadora do concurso de cómic! 
Aquí a tedes hoxe recibindo un detalliño e mostrando con orgullo o seu cómic.


Deixámovos tamén os divertidísimos cómics que fixeron os compañeiros. 
Fixádevos na calidade dos seus deseños e a creatividade das súas historias!