O xoves pasado veu Andrea Maceiras , autora do libro O que sei do silencio, a falar con nós sobre o mesmo e a compartir algunhas historias.
Contounos un conto e mantivemos na biblio unha conversa moi agradable con ela.
Grazas, Andrea.

No club de lectura xa temos posto en marcha un novo proxecto en torno ao libro que limos.
Estade atentos!
Os rapaces fixeron uns debuxos e relatos arrepiantes!
O concurso de Samaín foi todo un éxito, participaron moitos nenos e nenas e fixeron uns debuxos e contos moi orixinais e terroríficos. Despois de deileitarnos coas súas creacións, hoxe demos os premios aos gañadores de cada unha das catro categorías.
EI e 1ºEP: Leo Padín (5 anos)
2º e 3º EP: Álvaro Moldes (2º EP)
4º, 5º e 6º EP: Carlota González (5º EP)
ESO: Bianca Basdediós (4º ESO)
Aquí vos deixamos unha foto dos gañadores e as súas creacións.