Por fin pudimos ter unha sesión do noso club de lectura!
O pasado mércores xuntámonos para falar do primeiro libro que presentamos, que foi o primeiro Escape Book de Iván Tapia, El Secreto del Club Wanstein.
Na primeira sesión coa rapazada puxemos as nosas impresións en común, da dificultade dos enigmas que se presentan no libro e falamos do poderoso Club Wanstein. Tivemos unha charla moi interesante que esperamos poidamos repetir axiña. Aquí tedes unhas fotos da xuntanza.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario