viernes, 23 de abril de 2021

Día Internacional do Libro no Colexio Abrente

Para celebrar o Día Internacional do Libro os alumnos de Educación Infantil e Secundaria vestiron de cores e historias os corredores do noso centro. Grazas rapaces!


Os alumnos e alumnas da ESO participaron no Día Internacional do Libro realizando diferentes actividades a través do Departamento de Linguas Oficiais e da biblioteca do centro. Unha destas actividades foi a elaboración de lombos de libros coñecidos ou daqueles que máis lles gustaron, desde clásicos a novelas xuvenís. 





Tamén os alumnos de Educación Infantil fixeron un bonito debuxo do seu conto favorito. Quedaron moi chulos, porque non hai nada que nos guste máis que unha boa historia, contada, lida ou inventada. 





No hay comentarios.:

Publicar un comentario