miércoles, 14 de abril de 2021

Club lectura, TEA e Radio

Aproveitando a lectura do libro O Curioso Incidente do Can a Media Noite no noso club e a proximidade da celebración do Día Mundial do Autismo, un grupo de alumnos de 3º ESO prepararon e grabaron un programa de radio para informar e concienciar á comunidade educativa. 

Os rapaces presentaron o trastorno, as principais características e os axentes involucrados na axuda para unha mellor adaptación. Falaron do libro, escrito dende a perspectiva dun neno diagnosticado con TEA e puxeron máis exemplos que podemos atopar en soporte audiovisual. Aprenderon moitísimo facendo o traballo de investigación e compartiron o seu coñecemento con todos a través dun programa en Radio Abrente. 






No hay comentarios.:

Publicar un comentario